EQUIPOS DE EMPRESAS E FAMILIAS

EQUIPOS ESPECIAIS DE EMPRESAS

Quero crear un equipo de empresa

Cada empresa debe ter un capitán, que é o encargado de crear o novo equipo e de enviar e xestionar as invitacións no mesmo. Un capitán poderá enviar invitacións aos distintos rexistrados nunha competición así como revogar invitacións que non son correctas.

Para crear un equipo e ser o seu capitán debes entrar en ccnorte.com e iniciar sesión co teu usuario, no teu menú persoal (icona na barra de navegación superior á dereita) debes seleccionar a sección equipos especiais para acceder ás accións de creación e xestión de equipos.

Só podes pertencer a unha empresa de cada tipo dispoñible en cada competición (ver clasificación dispoñibles para equipos)

Quero participar no equipo unha empresa

Como inscrito a unha competición que xestiona equipos especiais, poderás formar parte dunha empresa en concreto. Para iso deberás recibir unha invitación por parte dun capitán de equipo. Soamente debes aceptar a invitación e pasarás a formar parte deste novo equipo especial.

EQUIPOS FAMILIARES

Os equipos familiares debe crealos o líder do equipo no momento no que formaliza a inscrición. No formulario de inscrición hai un sección que fai referencia á creación do equipo familiar.

Establécese unha clasificación familiar para as carreiras cronometradas na que é imprescindible que polo menos forme parte un adulto maior de idade. A clasificación establecerase sumando os ritmos compensados, multiplicados por 0.8 no caso de mulleres, de todos os integrantes da unidade familiar. Posteriormente dividirase por un valor que se establecerá en función do número de chegados de cada familia. Recibirán trofeo as 3 primeiras familias.


COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK COOKIE_INFO_PARA