Unha vez inscrito non se devolverá o importe da inscrición
EQUIPOS ESPECIAIS DE EMPRESAS
Quero crear un equipo de empresa
Cada empresa debe ter un capitán, que é o encargado de crear o novo equipo e de enviar e xestionar as invitacións no mesmo. Un capitán poderá enviar invitacións aos distintos rexistrados nunha competición así como revogar invitacións que non son correctas.
Para crear un equipo e ser o seu capitán debes entrar en ccnorte.com e iniciar sesión co teu usuario, no teu menú persoal (icona na barra de navegación superior á dereita) debes seleccionar a sección equipos especiais para acceder ás accións de creación e xestión de equipos.
Só podes pertencer a unha empresa de cada tipo dispoñible en cada competición (ver clasificación dispoñibles para equipos)
Quero participar no equipo unha empresa
Como inscrito a unha competición que xestiona equipos especiais, poderás formar parte dunha empresa en concreto. Para iso deberás recibir unha invitación por parte dun capitán de equipo. Soamente debes aceptar a invitación e pasarás a formar parte deste novo equipo especial.
Todos os resultados dispoñibles neste evento estarán no apartado resultados diferenciados por edción. Búscate no ano correspondente por apelidos e accede a túa ficha de tempos, diploma, videochegafa, etc.